martes, 4 de febrero de 2014

MONITORES LED

O monitor con tecnoloxía LED en vez de utilizar lámpadas fluorescentes de cátodos fríos (CCFL), que conteñen mercurio -un material vital nos sistemas CCFL pero tóxico para os humanos e agresivo co ambiente, e amplamente usado en pantallas LCD convencionais.
A tecnoloxía LED (Light-Emitting Diode) usan sistemas de retroiluminación, unha tecnoloxía que ofrece vantaxes sobre a tecnoloxía de iluminación convencional por lámpadas fluorescentes de cátodos fríos evitando dese modo a contaminación que provoca e as emisións de CO2. Ademais diminúen o consumo eléctrico deixándoo por debaixo do 50% respecto aos LCD.

Tamén achega vantaxes visuais con maior uniformidade do brillo e de intensidade, alcanza o seu punto máximo de brillo moito antes que outras pantallas. Aumento do contraste dinámico, manexo máis depurado da luz por zonas e procesamento da cor, con negros e brancos de maior intensidade, e grises profundos, todo iso resulta en imaxes vibrantes e fluídas.

Os monitores LED ademais son extrafinos, con espesores de ao redor de 20 mm, o cal fai que estes sexan máis lixeiros e ocupen aínda menos espazo


Consta de 5 6 capas.
Capa 1:  Esta capa é necesaria para mellorar o contraste e a visibilidade das imaxes. É ademais indispensable para poder usar os monitores, en ámbitos con moi pouca luz. As calculadoras, reloxos, antigos teléfonos móbiles que utilizan unha tecnoloxía similar, cristal líquido, pero que non teñen esta capa teñen o problema de visión sen luz

Capa 2 e 5:se só existise a primeira capa, veriamos unha luz branca en toda a pantalla. A segunda capa é un filtro polarizado que só deixa pasar a luz polarizada 90 graos, a quinta é outro filtro polarizado rotado de tal maneira que bloquea esa mesma luz. Un filtro polarizo ideal é capaz de deixar pasar a luz en só unha dirección e neste caso estes son capaces de ademais rotar a luz. Neste caso, se só tivésemos estas 3 capas non verías nada de luz.

Capa 3: o cristal líquido é un material moi curioso. A súa característica máis importante, é capaz de cambiar as súas propiedades segundo se lle aplique unha determinada voltaxe. Esta capa encóntrase entre 2 electrodos. Dependendo da carga que poñamos neles seremos capaces de cambiar a orientación das moléculas do cristal, desta forma temos un filtro polarizado controlado por electricidade.

Capa 4: Ponse unha capa que filtra a cor, é dicir convertemos a luz branca noutra doutra cor. Non é máis, que un cristal pintado.Para a creación de cores complexas usamos varios, por cada pixel póñense 3 destes subpixeis, un vermello outro verde e outro azul. Ao estar tan pegado o ollo humano non é capaz de distinguilos. 

Capa 6: é un panel de cristal que podes tocar cos dedos e protexer todo o demais







Monitores LED 

No hay comentarios:

Publicar un comentario